Xunta de Galicia   Consellerías
Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes



 
portos  
 
Situación Xeral dos portos galegos    
Integración dos portos nos núcleos urbanos  
Mapa dos portos galegos    
Plan Galicia período 2003-2006    
Investimentos    
     
  A Comunidade Autónoma de Galicia posúe competencias en 122 portos e instalacións portuarias, ademais dos cinco portos de interese xeral, emprazados ó longo dos 1.700 quilómetros de litoral. Sobre todos eles, nos que se desenvolven actividades pesqueiras, comerciais e náutico deportivas, estase a actuar co fin de potenciar a súa eficacia e a creación de novas infraestructuras


Consciente da importancia das infraestructuras portuarias para o desenvolvemento rexional, o Goberno galego está levando a cabo numerosas actuacións co fin de modernizar as infraestructuras portuarias.

No período 1990-2002 acometéronse actuacións nos portos perseguindo os seguintes obxectivos:

  • Mellora-la infraestructura, equipamento e xestión do sistema portuario de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia de forma tal que se potencie o seu papel como instrumento básico para o desenvolvemento económico, ó tempo que se busca alcanzar unha maior oferta dos servicios ós usuarios.

  • A execución das obras de infraestructura portuarias tales como as actuacións en abrigo, accesos marítimos e dragaxes, balizamentos, etc.. así como calquera outra acción que, con carácter de interese xeral contribúa ó desenvolvemento económico da zona na que se encadran os portos.

  • Mellora-las conexións e enlaces con outros modos de transporte, acometendo os investimentos e obras de acondicionamento que permitan reforza-lo grao de intermodalidade do sistema de transporte en Galicia

  • Potenciación do uso da rede portuaria da Comunidade Autónoma incentivando o incremento dos usos portuarios en busca dunha certa especialización dos nosos portos en consonancia co microespacio económico-local no que se integran.

  • Fomento das actividades náutico-deportivas, levando a cabo os investimentos necesarios para dota-los nosos portos das infraestructuras necesarias para a práctica de tales actividades.

  • Integración das infraestructuras portuarias no entorno no que se inxiren buscando a adecuación co ordenamento urbano así como a mellora das condicións medioambientais.


Para a consecución dos obxectivos a alcanzar por Portos de Galicia, xunto coa continuidade das actuacións de mellora dos servicios prestados iniciadas en anos anteriores, fíxanse os seguintes programas de actuación.

  • Programa de infraestructura xeral

    Co fin de mellorar as condicións operativas e de seguridade dos buques, prevese a realización de novas infraestructuras tales como peiraos de uso xeral, diques de abrigo, dragaxes, varadoiros, accesos, e melloras xerais de acondicionamento dos portos.

  • Programa de infraestructura pesqueira

    Inclúense neste programa todas aquelas actuacións dirixidas especificamente á actividade pesqueira e marisqueira, a fin de mellora-la operatividade e condicións de traballo do sector.

  • Programa de infraestructura para o tráfico comercial

    Este programa comprende todas aquelas actuacións en infraestructuras destinadas principalmente ó tráfico de comercial coa finalidade de mellora-la súa operatividade e rendemento, en aras de atraer novos tráficos.

  • Programa de infraestructura náutico-recreativa

    Portos de Galicia pretende incentivar o desenvolvemento da náutica recreativa como medio para a potenciación da actividade turística no entorno dos portos. Para elo está a desenvolver un Plan de Instalacións Náutico Deportivas, que constitúe un ambicioso programa neste eido que vai a ser potenciado co incremento do número de atraques existentes, mediante a construcción de novas instalacións, e a mellora das existentes, co obxectivo de consolidar unha oferta náutica de calidade nas costas galegas. O mesmo tempo, portos de Galicia pretende desenvolver actuacións encamiñadas a mellora-las zonas de servicio dos portos deportivos, tanto accesos como urbanización, como na dotación de locais e servicios complementarios.

  • Programa de adecuación ó entorno urbano e mellora das condicións medioambientais

    Este programa recolle o desenvolvemento de actuacións no ámbito da integración dos portos nos núcleos urbanos, mellorando a relación porto-cidade e adecuando a fachada marítima das vilas costeiras.

  • Programa de instalacións de carácter xeral e actuacións de conservación

    Este programa contempla aquelas actuacións relativas os servicios xerais do porto, que non están incluídos no programa de infraestructura xeral. Inclúense ademais actuacións de conservación e reparación dos bens que integran o dominio público portuario.

Para administrar o sistema portuario galego, foi creado o primeiro de xaneiro de 1996 o ente público Portos de Galicia que sustituiu á Subdirección Xeral de Portos da Dirección Xeral de Obras Públicas, continuando coas funcións desta.

INVESTIMENTOS

Entre os anos 1990 e 2002, foron investidos preto de 240 millóns de euros, e deseñouse un plan para potenciar as instalacións náutico deportivas que prevé a creación de centos de novos atraques por toda a costa galega. Portos de Galicia é o organismo encargado da mellora da xestión, administración e explotación dos nosos portos

 
 
Inicio - Benvida - Presentación - Urbanismo - Estradas -
Transportes - Portos de Galicia- Novas

[Consellerías]


© 1999 Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servicio Prestado pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes
E-mail : cptopt@xunta.es
URL : http://www.xunta.es/conselle/ot/index.htm